Galego

DECÁLOGO

Nestes momentos convulsos nos que existe a esperanza dun cambio no mundo, precisamos da enerxía, da valentía de as gañas de traballar nun proxecto común sen precedentes na nosa democracia.

Corremos o risco de perdérmonos na marea de información, sensacións e alegría prematura polas movilizacións. Debemos comezar a pensar en medidas concretas coas que levar a cabo os cambios. Senón, a alternativa propoñerana os de sempre. E toda a nosa enerxía focalizarase en beneficio de proxectos alleos. Por iso fixemos un decálogo de propostas concretas para expoñelas públicamente. Con vontade, respeto e unidade levarémolas a cabo:

-Respeto real ós valores de xustiza, liberdade, igualdade e pluralismo.

-Limitación das asignacións económicas e privilexios dos cargos públicos. Incapacitación permanente dos condenados por corrupción para presentarse de novo a unhas eleccións.

Modificación da Ley Electoral para garantir un sistema auténticamente representativo e proporcional que non discrimine a ningunha forza política nin voluntade social, permitindo a entrada dos partidos minoritarios e acabando co bipartidismo. Non á barreira do 5%, a máis alta de todo o Estado.

-Profundización dos mecanismos que permitan á cidadanía exercer a democracia directa, coma referéndums, nos casos de decisións socio-económicas importantes. Simplificar os mecanismos para a presentación de iniciativas lexislativas populares.

Impoñer a consulta popular obrigatoria e vinculante para a elaboración e aprobación dos presupostos municipais, autonómicos e estatais.

-Modificación e creación de mecanismos de control que garantan a estricta separación dos poderes públicos. Asegurar a absoluta independencia do poder xudicial.

-Consideración como bens de utilidade pública os servizos de primeira necesidade para a cidadanía como enerxía, redes de comunicación, alimentación, transportes e banca. Prohibición, polo tanto, dos monopolios e oligopolios privados en suministro destes bens.

-Dereito ao traballo digno, estable e de calidade. Prohibición dos EREs en empresas con beneficios. Dereito de toda a cidadanía a prestacións sociais públicas que garantan unha vida digna.

-Establecemento de mecanismos cidadáns de control da xestión pública que eviten a corrupción política. Control cidadán das actividades económicas dos cargos públicos e establecemento dun sistema de incompatibilidades que imposibilite o exercizo e o lucro por actividades públicas e privadas.

-Establecemento dun sistema fiscal progresivo. Establecemento a nivel global dun imposto ás grandes fortunas e ás transaccións financeiras especulativas. Desaparición inmediata dos paraísos fiscais.

-Control cidadán das prácticas das entidades bancarias. Prohibición das cláusulas abusivas en particular respecto das hipotecas.

-Convocatoria dunha Asamblea Constituínte.

-ACAMPADA VALENCIA, MAIO 2011.